8.6.09

Cinema no Faísca


Clika na imagem para ver a informaçom. Os filmes seram as 4ª feiras as 20:30

1.6.09

Tres membros do Foro Social detidos en Cangas a pé das obras do Salgueirón


Os activistas participaban nunha concentración na praia fronte a Massó, mentres continuaban os traballos do porto deportivo.
gggggggggggggggggggg
Un novo episodio aconteceu na mañá deste luns na loita veciñal contra as obras no contorno da factoría de Massó. Aló, e desde arredor das 7 horas, concentrábanse diversos veciños en protesta polas obras do porto deportivo. A pé de praia, os operarios continuaron os traballos de recheo malia a presenza dos cidadáns. Posteriormente, a Garda Civil detivo un deles por non levar documentación de identidade e máis tarde serían detidas outras dúas persoas. Sobre as 13 horas habían acudir a declarar aos xulgados da vila.Para a tarde deste luns hai convocada unha nova concentración mariñeira no mar de Cangas, tal e como xa aconteceu a pasada semana, daquela tamén coa asistencia do emblemático buque Rainbow Warrior, do colectivo ecoloxista Greenpeace, que quixo axudar a amplificar a protesta canguesa coa súa presenza nesta acción.
gggggggggggggg
Mentres, seguen os traballos de construción sobre o vello peirao, o do porto deportivo chegará a unha lonxitude de 600 metros, e mais o recheo de 15 mil metros máis, operación moi criticada tamén pola Federación Ecoloxista Galega que agoira un grave impacto ambiental. Alén da ausencia de licenza municipal e da inexistencia do plan de usos da Autoridade Portuaria, as obras avanzan tamén malia o contencioso pendente de resolver que enfronta o proxecto coa confraría local de pescadores.

29.5.09

MANIFESTAÇOM GALIZA NOM SE VENDE



ESTE MODELO TEN ALTERNATIVA
DEFENDAMOS O LITORALGOBERNE
QUEN GOBERNE
GALIZA NON SE VENDEl

28.5.09

VOTA INICIATIVA INTERNACIONALISTA



Estamos a asistir á maior crise do capitalismo dos últimos oitenta anos, e de novo os gobernos da Unión Europea queren que paguen as súas consecuencias os traballadores e as traballadoras, os sectores populares. Mentras os gobernos europeos expolian o erario público para rescatar aos banqueiros e axudar ás grandes empresas, o desemprego medra.

En Galiza a crise económica, e as políticas da Unión Europa e os gobernos central e autonómico, golpean sobre a clase traballadora e sectores produtivos como os gandeiros, que ven como se perden postos de traballo, salarios ou rendas, alén dunha política agresiva de españolización no idioma, na cultura, etc., co obxectivo manifesto de rematar coa nosa identidade nacional.

Existe en amplos sectores da sociedade a suficiente capacidade para orientar nun sentido anticapitalista e democrático o desexo cada vez máis estendido de cambio radical:

Pola xustiza social. Que a crise a paguen os que a provocaron: os capitalistas. O capitalismo no Estado español ten uns trazos especialmente agresivos, como a tremenda precariedade laboral, causa da maior taxa de paro e de emprego eventual da UE. E agora a pretensión do sistema é dar un paso adiante máis no relativo á explotación e aos recortes sociais. Por un plan de rescate dos traballadores e as traballadoras sen temor a propor para iso medidas anticapitalistas.

Liberdades democráticas plenas. Estamos comprobando como, devagar, vanse recortado os xa de seu limitados dereitos civís existentes, tales como o dereito á non discriminación por razóns ideolóxicas, de lingua e cultura, de idade ou de xénero. O dereito á libre expresión, o dereito a non ser represaliado, torturado ou procesado polas propias ideas. O dereito a votar e ser votado. O Estado español non respecta a soberanía das diversas nacións baixo a súa xurisdición nin do conxunto dos pobos.

Non á discriminación de xénero. Pero non como un mero enunciado formal e baleiro de contido, senón como unha esixencia normativa, xurídica e práctica que posibilite realmente o fin da discriminación. O cal inclúe, entre outras cousas, o dereito e a posibilidade real de control das mulleres sobre o seu corpo, a súa sexualidade e a súa capacidade reprodutiva.

Dereitos políticos. Reivindicamos os dereitos negados polo réxime actual, entre os que hai que destacar o dereito de todos os pobos a decidir de forma soberana o seu futuro, e non como un feito illado senón como un dereito permanente, é dicir, o dereito de autodeterminación. O dereito de cada pobo a decidir a súa forma de goberno e á normalización da súa lingua e a súa cultura nacionais.

Contra a Europa do capital. Estamos en contra da Europa do capital e a favor da Europa dos pobos. Estamos en contra da OTAN como expresión militar do imperialismo e, xa que logo, esiximos a retirada do Estado español de devandita alianza militar. Estamos en contra da especulación e a deterioración do medio ambiente. Estamos pola defensa da soberanía alimentaria e do colectivo fronte ao privado.

Apoiamos as loitas de todos os pobos do mundo pola súa liberdade e a súa dignidade. Solidariedade cos procesos de articulación patrióticos, antiimperialistas e de xustiza social que teñen lugar en Latinoámerica, así como coas frentes de resistencia en Oriente Medio, e moi especialmente coa heroica loita do pobo Palestino.



Para os traballadores e traballadoras, emprego.
Para que a crise a pague quen a provocou, o capital.
Para que os pobos poidan decidir o seu futuro, autodeterminación.
Porque no Estado español outra democracia é posíbel: non á Lei de Partidos.



http://iniciativainternacionalistagaliza.blogspot.com/

6.5.09

Roteiro polos muinhos de Vila Boa


Os Centros Socias de Vigo (Revolta, Guindastre, Cova d@s Rat@s, A Formiga e Faísca) organiçamos um roteiro polos muinhos de Vila BoaSerá este próximo Sábado dia 9. Quedamos às 9.15h (nove e um quarto da manhá) no LS Faísca para organizar-nos e ir até Vila Boa, alí deixaremos os carros e comezaremos a ruta que nos levará até a Lagoa Castinheiras, com a intençom de jantar lá (cada um/ha levará o seu próprio jantar)O percorrido som 13,8 kms (ida e volta), faremos a subida (6,9 kms), jantaremos na Lagoa Castinheiras, e baixaremos.Estando a meia tarde de volta em Vigo.Apónta-te a um lezer alternativo e a conhecer a nossa terra!!!

24.4.09

Aniversario Revoluçom dos cravos


25 de abril... SEMPRE!!!!

Este vindeiro Sábado dia 25 de Abril conmemoramos a Revoluçom portuguesa de 1974.

As 20h Palestra :
Interviram
Sergio Vinagre e Mario de Carvalho, activistas da esquerda portuguesa, dirixentes da solidariedade internacionalista e do Partido Comunista Português no Porto.

e Gustavo Luca de Tena, jornalista galego, activista da solidariedade, escritor e conhecedor en primeira pessoa dalgúns dos importantes acontecementos daqueles dias de finais de Abril de 1974.

Actuacións musicais de: Xico de Carinho acompanhado a voz por Humberto Heredia e do violenchelista Xosé Ramón Rocha.

Às 22h Ceia popular (Empadas, tortilha, arroz com polo, sobremesa, pam, vinho e chupinhos) 10 €

10.3.09

Palestra : A crise economica. Negociaçom colectiva do convenio do metal.


A vindeira 6ª feira, 13 de Março, as 20:30 tera lugar no Faísca umha palestra baixo o titulo de "A crise economica. Negociaçom colectiva do convenio do metal" a cargo de Antolin Alcantara, sindicalista da CIG e de outro sindicalista da CUT, ainda sem confirmar.